Skip to main content
Vilalba

Cruz Vermella Vilalba remata con éxito a operación kilo e participa na recollida de material escolar

Por 10 Setembro, 2023Sin comentarios

Cruz Vermella de Vilalba levou a cabo estes días a campaña Vuelta al Cole Solidaria, un proxecto que consiste nunha recollida de material escolar para axudar a aquelas familias con menores de idade que estean atravesando serias dificultades.

Ademais, durante as festas de San Ramón e Santa María o Espazo Xove Vilalba organizou a OperaciónKilo a favor de Cruz Vermella Vilalba, con motivo da celebración da tradicional Festa da Bicicleta, na súa XXVIII edición.

Un equipo da Área Social estivo a recoller todas as doazóns de alimentos e produtos de hixiene persoal que os participantes quixeron facer entrega ao chegar ao evento.

O recadado alcanzou un total de 320 kgs que serán entregados a familias en risco de exclusión social.

A campaña remata hoxe, día 10 de setembro e consiste na recollida de enseres nos supermercados Carrefour Lugo. Hoxe só en hipermercados con apertura.