Skip to main content
Vilalba

A asociación de Sancovade impartirá varios cursos a partir de outubro

Por 18 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade en Vilalba inicia en outubro numerosos cursos dirixidos á veciñanza. Así, comezarán o día 1 de outubro cun curso de costura, que se desenvolverá os domingos de 10.30 a 12.30 horas cun prezo de 20 euros socios e 25 euros os non socios.

Haberá tamén clases de gaita, pandeireta e tamboril os mércores de 20.30 a 21.30 horas con un prezo de 15 euros para os socios e 20 para os non socios. As clases iniciaranse o 4 de outubro.

Na mesma data iniciarase outro curso de Memoria e estimulación cognitiva, que terá lugar os mércores de 11.00 a 12.00 horas cun prezo de 20 euros os socios e 25 os non socios.

O día 5 comezarán as clases de baixe, que serán todos os xoces de 21.00 a 22.00 horas cun prezo de 25 euros socios e 3o os non socios. Tamén o día 9 de outubro comezará un curso de bolillos, que se desenvolverá todos os lus de 17.00 a 19.00 horas.

Estas actividades teñen un prazo de inscrición que remata o domingo 17 de setembro. Poden anotarse nos teléfonos 698 185 859 e no 692 022 623 ou a través das redes sociais da asociación.