Skip to main content
Vilalba

O Iescha proxecta en Vilalba a película ‘Live is Life’

Por 20 Setembro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película Live is life, de Dani de la Torre, continuando así coa programación do Ciclo Mestre Mateo, que durante o ano 2023 brinda a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI Premios Mestre Mateo.

Esta cuarta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 24 de setembro, ás 20:00 horas.

SINOPSE

Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volta á aldea galega dos seus pais para reencontrarse coa súa panda. Pola contra, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan aparecer nas súas vidas ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escapar a noite de San Xoan en búsqueda dunha flor máxica que, según conta a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer os desexos realidade.