Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba saca a licitación a xestión das escolas deportivas

Por 22 Setembro, 2023Setembro 23rd, 2023Sin comentarios

“É a primeira vez que se opta por unha licitación aberta, co obxectivo de aportar transparencia e mellorar o servizo”, asegura Elba Veleiro.

O Concello de Vilalba sacou a licitación a xestión das escolas deportivas municipais das modalidades de actividades rítmicas, ioga, pilates, iniciación deportiva, ximnasia de mantemento, baile e patinaxe.

O concello opta por un concurso aberto “co obxectivo de aportar transparencia, xa que é a primeira vez que se fai así, e para mellorar o servizo que lle damos aos veciños e veciñas”, asegura Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba e responsable da área de Deportes.

O contrato divídise por lotes de cada modalidade e ten un valor total superior aos 100.000 euros. As adxudicacións son dun ano, con posibilidade de establecerse dous prórrogas anuais 1+(1+1). O prazo de presentación das ofertas remata o 4 de outubro.

“O fomento do deporte os hábitos de vida saudables son unha prioridade para o noso goberno e con esta licitación os veciños e veciñas de Vilalba poderán practicar diferentes modalidades nas mellores condicións”, engade Veleiro.

Acceso á licitación.