Skip to main content
Vilalba

Vilalba acollerá tres actuacións en outubro do programa Dinamiz-ARTj

Por 28 Setembro, 2023Sin comentarios

Este mes de outubro a programación cultural de Dinamiz-ARTj achega tres actuacións á provincia de Lugo, concretamente, a Vilalba.

En primeiro lugar, o domingo 1 ás 20:00 horas no auditorio Carmen Estévez Eguiagaray terá lugar a actuación de Laura Romero Pereira, unha proposta que consta dunha exposición de ilustracións, textos, datos e gráficos ao redor do proxecto Músicas Galegas Ilustradas e a cuestión de xénero nos escenarios de Galicia.

Tamén, no auditorio Carmen Estévez, o venres 13 ás 20:30 horas, Maxia na manga, mediante a súa actuación A maxia non ten truco traerá ao público un espectáculo que busca promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.

No mesmo escenario, o sábado 14 ás 20:00 horas o grupo Denise-Bea-Lucía interpretarán un concerto no que se intercalan todo tipo de xéneros tradicionais ligados á voz, na súa maioría acompañados de percusións de man e violín. Este singular trío está formado por percusións, voces e violín, e con intención divulgativa, reflexionan sobre as prácticas que viviron os nosos maiores e dos cambios profundos a todos os niveis que viviron desde finais do s.XIX ata a actualidade.

Como ao longo de todo o programa de Dinamiz-ARTj, a asistencia para esta actuación é gratuíta. A programación cultural de Dinamiz-ARTj propón unha intensa actividade que pode consultarse descargando o folleto da programación de outubro ou na web www.dinamizartj.com/eventos, cuxo calendario irase despregando progresivamente. Ademais, toda a información do programa pode seguirse nas súas redes sociais en Facebook, Twitter, Instagram e Tik Tok.

O programa Dinamiz-ARTj nace como unha iniciativa do Instituto para a Transición Xusta (ITJ) para xerar unha oferta cultural ampla nos municipios afectados por procesos de peche de minas de carbón e centrais térmicas ou nucleares, identificadas como zonas de transición xusta. Xestionado a través da Fundación Ciudad da Enerxía (CIUDEN), este programa aúna demanda cultural local, actuacións e actividades ofrecidas por novos artistas, programación cultural e contribúe coa oferta turística. Pola súa banda, os novos intérpretes poden atopar en Dinamiz-ARTj unha plataforma para impulsar as súas carreiras artísticas facilitándolles oportunidades profesionais.

A programación cultural xurdida da primeira edición da convocatoria de Dinamiz-ARTj promove 910 actuacións en 137 concellos das zonas de transición xusta de 12 provincias (A Coruña, Áraba, Almería, Asturias, Burgos, Cádiz, Córdoba, Guadalaxara, León, Lugo, Palencia e Teruel), que reúnirán a 143 artistas que presentarán 176 propostas artísticas en grao sumo variadas. As actuacións desta convocatoria deron comezo este martes 30 de maio e finalizarán o próximo 15 de outubro.

Aberta en xullo do ano pasado, esta primeira convocatoria do programa Dinamiz-ARTj dirixiuse a novos artistas de todas as disciplinas (música, teatro, danza, fotografía, pintura, escultura, performance, #etc…), quen podía inscribirse para ofrecer as súas actuacións. En paralelo, os municipios de transición xusta tiñan tamén a oportunidade de rexistrarse para optar a converterse en anfitrións desas manifestacións artísticas. O catálogo coa oferta artística desta primeira
edición pode consultarse aquí.

Dinamiz-ARTj naceu en xullo de 2022 como un programa experimental para xerar oferta cultural en zonas de transición xusta. É tamén unha oportunidade para que novos artistas poidan inciar as súas carreiras profesionais á vez que os municpios enriquecen a súa oferta turística.

A promoción da cultura é só un aspecto das políticas públicas que está a despregar o Instituto para a Transicón Xusta –Organismo Autónomo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico-. Concibidas para xerar nova actividade económica e emprego nas zonas afectadas polo peche das minas de carbón e cesamento da actividade das centrais térmicas e nucleares, xestiona axudas para a mellora de infraestruturas, a creación de servizos municipais e apoia iniciativas empresariais que xeren ou manteñan o emprego. Tamén asumiu, en colaboración coas comunidades autónomas, a restauración das zonas degradadas pola actividade mineira do carbón, a través de proxectos de recuperación ambiental que rexeneran o terreo, as masas de auga e a paisaxe, preparándoo para novos usos produtivos.