Skip to main content
Xermade

Xermade celebra un ano máis a súa Festa das Persoas Maiores o día 8

Por 3 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará o 8 de setembro a súa tradicional Festa das Persoas Maiores, que chega nesta ocasión á súa edición número XVIII.

A celebraración dará comezo ás 13.00 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida da actuación dun grupo musical na praza do Concello, antes do xantar, que dará comezo ás 14.30 horas. Pola tarde haberá baile e o tradicional recoñecemento ao home e a muller de maior idade.

O menú da comida, que terá un custe de dez euros para os veciños do concello, contará con polbo, xamón cocido, carne asada, postres, café e bebidas. Para aqueles que desexen asistir e non estén empadroados en Xermade, o custe da inscrición é de 20 euros.

O prazo para anotarse xa está aberto ata o 4 de setembro e pode facerse no propio consistorio.