Skip to main content
Xermade

Adxudican varias obras e compras no Concello de Xermade

Por 3 Setembro, 2023Setembro 4th, 2023Sin comentarios

A mesa de contratación permanente nomeada pola Alcaldía de Xermade para as licitacións da súa competencia reuniuse o 9 de agosto para a apertura das ofertas presentadas ás licitacións para a adquisición dunha miniexcavadora (financiada co Fondo de Compensación Ambiental 2023, liña de concorrencia non competitiva) e subministración de contadores de telelectura (financiada con cargo ao fondo adicional do FCL da Xunta de Galicia).

Revisada a documentación polos técnicos competentes, a mesa reuniuse de novo o 18 de agosto e acordou declarar deserta a licitación para a adquisición dunha miniexcavadora, dado que ningunha das dúas ofertas admitidas cumprían os requisitos mínimos esixidos no prego; e requirir a documentación á empresa APEX, única que cumpría os requisitos técnicos esixidos na licitación dos contadores de telelectura, a fin de que o órgano de contratación lle adxudique o contrato, que debe estar executado o 31 de outubro de 2023.

A mesa tamén se reuniu o 18 de agosto de 2023 a fin de declarar completa a documentación presentada por Jardinería Arce SL, licitador que resultou a mellor oferta presentada á licitación do contrato mixto de subministración e obras Reformado área de xogos infantís en Roupar (Plan Único 2022). Acto seguido, a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, adxudicou ese contrato, que debe estar executado o 31 de outubro de 2023.

O 21 de agosto de 2023 a mesa de contratación procedeu á apertura das ofertas presentadas á obra Mellora de camiños municipais en Cabreiros, A Poupariña e A Cruz Vella, incluída no Plan de mellora de camiños municipais 2023-2024 de Agader. Tres ofertas incorreron en baixa temeraria, polo que se avaliará a documentación que presenten a fin de aceptar ou rexeitar estas proposicións.

O 22 de agosto de 2023 abríronse as ofertas presentadas ás Obras de mellora do pavillón e pista deportiva de Xermade, financiada cunha axuda da Xunta de Galicia. A mellor oferta foi a presentada pola empresa vilalbesa Cholo SL, polo que se prevé adxudicar esta semana o contrato, dado que a anualidade 2023 desta obra debe estar executada o 31 de outubro de 2023.