Skip to main content
Xermade

Veciños de Roupar presentan as posibles actividades para este curso

Por 20 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Roupar fai un sondeo entre os veciños para coñecer a que actividades están interesados en asistir. As que  presentan son ximnasia, manualidades reciclando, teatro e cestaría.

Todos os que estén interesados en participar pódeno facer antes do 30 deste mes tanto por Facebook, nos comentarios, ou no buzón da escola, indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto.

Desde a asociación informan que, unha vez que se coñezan as preferencias e o número de interesados, comunicarán os cursos que impartirán, o seu horario e a fecha de inicio.