Skip to main content

Tarabelos representará a súa obra ‘O traxe novo do rei’ en Láncara

Por 25 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara acolle este venres, 29 de setembro, o espectáculo de Tarabelos ‘O traxe novo do rei’, un evento para público infantil que terá lugar na Biblioteca ás 16.00 horas.

O traxe novo do rei é un espectáculo de títeres para público infantil e familiar baseado no conto de Hans Christian Andersen e, segundo os intérpretes, “non todos os contos cheiran ben, e este é un bo exemplo”.

Os nenos e nenas de Láncara poderán asistir a esta actividade de maneira gratuíta e pasar unha tarde diferente, da man dun grupo de persoas comprometidas co ocio infantil.