Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

O complexo deportivo da Veiga, en Cervo, inaugurarase con Adrián Ben e Óscar Husillos

Por 26 Outubro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

As pistas de atletismo da Veiga estrearanse oficialmente o vindeiro 1 de novembro coa I Carreira Popular Maruxaina, organizada polo Club Deportivo San Ciprián e polo Concello de Cervo.

Malia o día anterior, o martes 31 de outubro, as pistas acollerán un adestramento público cos atletas Adrián Ben e Óscar Husillos a partir das 10.00 horas.

Xa ás 12.15 horas haberá unha charla deportiva cos dous deportistas e co xuíx Guille Sandino. Máis tarde, ás 13.00 horas, será a quenda da carreira de relevos do Club Deportivo San Ciprián e o Club Maderas Barcia Cervo.

As instalacións xa recibiron o certificado de homologación, que acredita que reúnen as condicións regulamentarias para a práctica do atletismo e a homologación das marcas que nela obteñan os deportistas.