Skip to main content
Alfoz

A ITV móbil agrícola estará a finais de mes en Alfoz

Por 12 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

A unidade móbil da ITV estará entre os días 18, 19, 20, 21, 22 e 23 de outubro en Alfoz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás os venres, que será só de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.