Skip to main content
Alfoz

Continúa o Programa Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz dirixido a nenos de 3 a 12 anos

Por 7 Outubro, 2023Sin comentarios

Continúa o Programa Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz e que está dirixido a nenos de 3 a 12 anos e será os sábado 21 e 28 de outubro.

Comezará o 21 ás 17.00 horas na Biblioteca onde terán o obradoiro Experimentando no que se poderá aprender sobre ciencia e contaminación, rematando o ciclo de sensibilización ambiental para os máis novos para este 2023.

O sábado 28 de outubro será o Día da Biblioteca, desde as 17.00 ata as 20.00 horas e haberá xogos na Biblioteca para pasar unha tarde divertida.