Skip to main content
AlfozO Valadouro

A II Carreira Popular Valadouro-Alfoz terá lugar o vindeiro 4 de novembro

Por 21 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

A II Carreira Popular Valadouro-Alfoz, que se celebra o vindeiro 4 de novembro e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través do Plan Único, foi presentada polos organizadores, acto no que estivo o deputado Daniel García.

A proba, que organizan de forma rotatoria os dous municipios veciños, está aberta á participación ata o 31 de outubro para diferentes idades, con percorridos para a categoría absoluta (6,5 quilómetros), infantil e cadete (1,6 quilómetros), alevín (1,2 quilómetros), benxamín (600 metros) e pícaros (200 metros). A carreira é puntuable para o circuíto Run Foz Run.

Para a carreira absoluta, a saída será no Valadouro, fronte á Oficina de Turismo, e a meta no pavillón de Alfoz. Mentres, as categorías inferiores correrán pola contorna do pavillón de Alfoz e a oferta completase cunha andaina popular.

No acto, no que participaron o concelleiro de Deportes do Valadouro, Eliseo Teijeiro, e o concelleiro de Deportes de Alfoz Eliseo Lorenzo, púxose en valor a colaboración entre os dous municipios na organización da proba, na que agardan reunir preto de 200 participantes. Ademais, disporán de servizo de autobús entre a zona de saída e a zona de meta e vestirarios e duchas no pavillón de Alfoz.

Daniel García valorou “a contribución que desde a Deputacion de Lugo fai aos concellos a través do Plan Único, cun investimento total neste 2023 de 21,5 millóns de euros, que os municipios invisten con autonomía“ e sinalou que “ademais de fomentar hábitos de vida saudables na poboación en xeral,este tipo de probas populares xeneran tamén un dinamismo social moi importante para os concellos”.