Skip to main content
Alfoz

VIA Alfoz incorpora novos membros e modifica algúns cargos na Xunta Directiva

Por 29 Outubro, 2023Sin comentarios

“Despois duns meses de adaptación ás funcións do Goberno, nas que o traballo e a solución de incidencias foi a tónica habitual, chegou o momento de pensar tamén na estruturación interna do partido”, din desde VIA Alfoz trala celebración da IV Asamblea Xeral de VIA na que se plantexou una nova formación para a Xunta Directiva. Coa incorporación de novos membros e a modificación dalgúns cargos preténdese acadar un reparto das tarefas o máis equilibrado posible.

En canto ás incorporacións, VIA ten a honra de presentar a Judit Casabella Pardeiro, Iria Braña López e Yahel Rodríguez Rubal, que se engaden á andadura da Xunta Directiva para dar continuidade ás iniciativas do partido con ilusión e moitas ganas de aportar o seu coñecemento e traballo.

Judit, actual membro do Goberno de Alfoz en calidade de Concelleira de Desenvolvemento Local, terá deste xeito a vogalía de Medio Rural dentro da Xunta Directiva, que se corresponde parcialmente coas súas funcións no concello. Pola súa parte, Iria entra para tomar o cargo de Secretaria, no que a súa experiencia a nivel documental e organizativa será un gran valor para o equipo. Yahel, pola súa banda, farase cargo da vogalía de Participación, na que será clave a súa actitude activa e as ganas que trae de transmitila.

En canto ao cargo de Presidencia, ata o momento estivo asignado a Efigenia Maseda Paz, a cal se converteu recentemente na primeira alcaldesa de Alfoz. Libérase por tanto deste cargo na Xunta Directiva para que poda centrarse nas súas tarefas de goberno, e pasará a ser vogal de Acción Social. O cargo de presidente será recollido nesta ocasión por Xabier Pardiñas Suárez, nun xusto recoñecemento á súa labor dentro de VIA, desde a súa fundación e en cada un dos pasos, como pilar fundamental do partido.

O cargo de Vicepresidencia tamén cambiará de mans e pasará a ser función de Fernanda Casabella Méndez, no que o seu coñecemento do concello e proximidade ao pobo que exercerá un gran apoio á labor de presidencia. A Tesorería continua a cargo de Pablo Maseda Rubal, no que a súa labor e rigurosidade é inigualable, polo que non se pode senón agradecer, e que complementa coa vogalía de Economía.

O resto das vogalías repártense do seguinte xeito: Para Eliseo Lorenzo García, actual 2º Tenente de alcalde e Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, que na xunta será vogal de Educación e Deportes. Para José Luís Cascudo Cascudo a vogalía de Obras Públicas, e para Daniel Pérez Pardiñas a vogalía de Innovación e Comunicación.

Cérrase desta forma a lista de cargos da nova Xunta Directiva de VIA, quedando aprobada por unanimidade esta nova configuración na Asamblea Xeral celebrada o sábado 28 pola mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Dende a nova presidencia preténdese que “esta renovada Xunta Directiva permita distribuir as tarefas de xeito que, desde VIA, podamos centrar os nosos esforzos en facer as cousas que prometimos e as que levamos tempo pedindo”.

Despois da asamblea, tódolos asistentes celebraron o novo acordo cunha comida de irmandade.