Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Pescados Rubén Burela FS feminino continúa sumando cun triplete de Emilly

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

Cedidas polo Nueces de Ronda Atl. Torcal.

Ante un equipo recén ascendido pero moi motivado e competitivo, Pescados Rubén Burela FS, as recentes campioas de todo, continuaron sumando puntos para a clasificación cun resultado final 1-3 tras un hat-trick da recente chegada e campioa de América, Emilly. Tres goles que custaron pero que chegaron para sumar unha vitoria na cuarta xornada da Primeira División Iberdrola FS celebrada no pavillón Guadaljaire de Málaga.

Durante os primeiros 45 minutos o encontro permaneceu bastante igualado. Comezou o Burela cunha ocasión de Cami e dúas do Torcal no minuto 2. O Pescados Rubén faise coa posesión, pero cústalles rematarr e non é ata o minuto 17 no que Emilly a mete entre os paus coa zurda tras unha boa xogada combinativa. Despois dunha clarísima oportunidade do equipo malagueño, que case empata o encontró, chega o descanso a poucos segundos.

Na segunda parte saíu Jozi Oliveira a portería, tamén recén chegada e campioa de América. Tras varias oportunidades que tamén se ven frustradas para o conxunto laranxa, chega o segundo gol de Emilly desde dentro da área nun rexeite. No minuto 34, Ksenia empata ao equipo mariñán nunha contra. Irene Samper consegue unha oportunidade moi clara despois dunha contra e Emilly faise con outra que vai fóra. Porén, pouco despois chega o terceiro gol da crack brasileira a portería baleira no xogo de 5 co que presionaba o Torcal.

O encontro converteuse nun partido difícil pero que rematou puntuando para o conxunto de Julio Delgado. Tras unha longa viaxe de volta as guerreiras prepararanse para o seu vindeiro encontro este mércores 11 en Zaragoza na segunda eliminatoria da Copa da Raíña. Enfrontaranse ao Wanapix Aldelis Intersala 10 Zaragoza, ao que seguirá o seu próximo partido de liga o vindeiro sábado 14 ante o CD Leganés en Vista Alegre.