Skip to main content
Burela

Un grupo de estudantes da USC visitou Burela para coñecer diferentes localizacións da vila

O Concello de Burela recibiu a un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acompañados de varios profesores.

O grupo estudantes atópase realizando un traballo sobre o mundo mariñeiro, polo que viñeron coñecer diferentes localizacións da vila relacionadas con este ámbito.

A alcaldesa Carmela López e os tenentes de alcaldesa Mario Pillado e Ramiro Fernández Rey recibiron ao grupo na Casa do Concello. Despois, visitaron o barco museo Reina del Carmen, destacando o bo estado de conservación do mesmo.

O grupo visitou tamén a Confraría de Pescadores, o local da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns A Moncloa, e mais o mural realizado no solar da antiga conserveira como parte do proxecto Burela-IN do pasado ano 2022.

Ramiro Fernández Rey, responsable entre outras das áreas de Turismo e Mar, quixo agradecer a visita ás e ós estudantes e tamén particularmente á profesora impulsora da mesma, Elena Freire: “visitas como esta son moi positivas, pois nos permiten dar a coñecer o noso patrimonio”. “Estamos moi agradecidos e satisfeitos polo éxito da visita, tal e como nos transmitiron alumnado e profesorado”, engadiu.