Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

A segunda etapa do Camiño Gastronómico do Mar chegou a Burela tras unha ruta de 13 quilómetros

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Burela recibiu aos peregrinos do Camiño Gastronómico do Mar 2023, unha iniciativa da asociación Amigos do Camiño do Mar e da Organización de Productores Pesqueros (OPP) do porto de Burela.

A segunda etapa deste camiño, que ten como obxectivo poñer en valor a ruta xacobea do Camiño do Mar, comezou en Foz, e logo de 13 kilómetros chegou á capela de Vila do Medio, en Burela.

Alí, os peregrinos foron recibidos polo concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández Rey, e a concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo. A continuación, como ao final de cada etapa, os participantes degustaron dúas recetas de peixe de Burela, elaboradas polo chef Suso Villarino da asociación Cociñeiros Lugo.

Fernández Rey destacou a importancia desta actividade “para lograr o recoñecemento administrativo do Camiño do Mar por parte da Xunta de Galicia, como xa o recoñece a Igrexa”. “Nós sempre imos apoiar e axudar nestas iniciativas”, engadiu.

“Dende o Concello queremos agradecerlle a Manuel Vicente, presidente da asociación do Camiño do Mar, e a Sergio López, presidente da OPP de Burela, que fagan este tipo de actos, que axudan á promoción tanto do Camiño do Mar, un obxectivo común de todos os concellos da Mariña, como do peixe de Burela por parte da OPP”, sinala o concelleiro.

O Camiño do Mar é unha ruta xacobea que comunica por tierra el Camiño Norte y el Camiño Inglés a Compostela. Nas seguintes fins de semana, os peregrinos do Camiño Gastronómico do Mar 2023 continuarán a percorrer os 15 concellos da Mariña e Ferrolterra que fan parte desta ruta, cun total de 7 etapas de aproximadamente 15 kilómetros cada unha.