Skip to main content
Burela

O Mago Rafa presenta o seu espectáculo ‘Experiencias’ na casa da cultura de Burela

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

O Mago Rafa presenta o seu espectáculo ‘Experiencias’ na casa da cultura de Burela o sábado 28 de outubro, ás 19.00 horas.

Será un espectáculo para todos os públicos, e as entradas terán un custo de 3 euros, puidendo ser adquiridas a partir das 18.30 na billeteira.

O Mago Rafa é un artista polifacético, cunha dilatada experiencia de 15 anos como profesional do ilusionismo e como produtor de festivais e espectáculos. O seu traballo caracterízase polo humor e pola proximidade e comunicación co público

O seu novo espectáculo, ‘Experiencias’, mestura o mundo do real e o dos soños, creando un clima destendido no que miles de sensacións e emocións flúen en todos os sentidos, facendo de cada xogo unha experiencia única