Skip to main content
Cervo

A cativada de Cervo contará coas Xornadas de obradoiros temáticos durante dous sábados ao mes

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo organiza as Xornadas de obradoiros temáticos durante dous sábados ao mes e que están dirixidas aos pequenos.

Así, os cativos pertencentes a Cervo terán á súa disposición diferentes actividades que irán rotando de temática cada mes.

Para outubro, o primeiro foi o sábado 7, e seguirá o 21. En novembro serán os días 4 e 18, e en decembro o 9 e o 16.

Haberá dous grupos, de 1º a 3º de Primaria de 10.00 a 11.30 horas, e de 4º a 6º de 11.30 a 13.00 horas. A excepción do 16 de decembro que ambos grupos irán de 10.00 a 11.30 horas.