Skip to main content
Cervo

Volve en novembro o Obradoiro de Teatro Pimpim ao Concello de Cervo

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do Obradoiro de Teatro Pimpim, que arranca a partir de novembro todos os martes e xoves en horario de 18.00 a 19.00 horas.

O obradoiro, que está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, considérase como unha ferramenta pedagóxica para o seu desenvolvemento integral nesta etapa na que comeza a construír a súa propia personalidade.

Así, desde o Concello apostan polo teatro, unha disciplina moi completa que lles axuda a socializar, mellora a súa concentración, e tamén potencia as súas habilidades comunicativas e a súa autoestima; entre outros moitos beneficios, defenden.