Skip to main content
Cervo

A Xunta e o Comité de Alcoa coinciden en que a comunicación da parada “foi bastante lamentable”

O Comité de Alcoa reuniuse con Nicolás Vázquez, Secretario Xeral de Industria da Xunta de Galicia e Pablo Fernández, o Director Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Na reunión, ámbalas dúas partes coincidían da mala xestión por parte de Alcoa da parada da fundición e a Xunta de Galicia analizará se a multinacional estadounidense comunicou de forma “bastante lamentable”, segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, a parada da fundición e se esta medida supón incumprir o acordo laboral debido a que tiveron unha reunión un venres na que dixeron que esperaban ter contratos para a fundición e o luns seguinte parárona, o cal levou, segundo Zan, “a un malestar polas dúas partes con respecto a Alcoa”.

Con respecto á posible ruptura unilateral do acordo por parte de Alcoa referente ao momento anterior, desde a Xunta trasladaron que, “sobre a parada de produción non hai certeza clara de que houbese unha posible ruptura do acordo”, e tamén espuxeron a boa sintonía da última reunión que mantiveron con responsables de Alcoa respecto ao DBR, o cal esperan ter un informe que lles evite problemas xurídicos para posibles denuncias. O mesmo sucede cos parques eólicos que teñen encima da mesa hoxe en día.