Skip to main content
Ribadeo

Acisa promove a recollida de donativos destinados á AECC a través de huchas en 35 negocios

Acisa Ribadeo colaborará, outro ano máis, coa Asociación Española de Loita contra o Cancro ao dispoñer de 35 negocios asociados que contarán con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo desde hoxe e ata o 22 de outubro.

Esta campaña desenvólvese coincidindo co día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o xoves, 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde.

“Precísanse recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por iso facemos un chamamento moi especial a toda a cidadanía a que aporten o que poidan para esta importante causa, xeralmente finalizamos esta campaña de recadación moi satisfeitos e gustaríanos este ano superarnos”, din desde Acisa.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, dixo que “as persoas que desexen colaborar coa Asociación Española de Loita contra o Cancro de Ribadeo poden deixar os seus donativos nos seguintes locais: A Mirandilla, Pepa Peineta, La Moda Sport, For Friends, Galipizza, Serendipia, Javier Montero, Sanjurjo, Esprit, Xeito, Menfer, La Solana, Vitaldent, Opticalia, Centro Auditivo, La Coqueta, O Indiano, Ginzo Hombre-Mujer, Bimba, Ágora, Casa Mandarina, La Moda, La Moda Básico, R23, Panadería Torviso, Mercería Torviso, Bar Portillo, Anaís, Siñeiro, Librería Juguetería Bahía, O Cabazo, Grisi, Araucaria Gastronómico, Dándara y Farmacia Álvarez Lebredo. Dende Acisa queremos agradecer a colaboración destes establecementos e tamén da AECC que nos permite de novo botarlles unha man nesta importante causa”.