Skip to main content
Viveiro

Viveiro concederá a Medalla de Ouro á Confraría de Pescadores de Celeiro

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

O pleno do Concello de Viveiro aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos representados a concesión da Medalla de Ouro da vila á Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, que cumpre cen anos neste ano 2023.

“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o Concello. A Administración destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”.

A concesión do recoñecemento foi unha proposta do Partido Popular. A entrega á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro da Medalla de Ouro da Cidade de Viveiro será nun acto público.