Skip to main content
BarreirosComarca AMARIÑAXAXove

O BNG ve “escasos e insuficientes” os investimentos da Xunta na comarca

Por 27 Outubro, 2023Sin comentarios

O deputado Daniel Castro, xunto cos representantes do BNG na comarca, Antonio Veiga e Pilar Vázquez deron conta en rolda de prensa das valoracións  que a organización frentista fai dos orzamentos da Xunta para 2024, no que tén a ver coa comarca da Mariña.

Máis aló dos escasos e insuficientes investimentos que o Partido Popular destina á Mariña para o vindeiro exercicio, os nacionalistas fixeron un repaso dos  reiterados  incumprimentos da Xunta e do PP  coa comarca, que ano tras ano rexeitaron iniciativas e tamén emendas do Bng aos documentos orzamentarios en materia de sanidade, saneamentos, abastecemento de auga,  medio ambiente, industria, emprego, benestar social, educación…. desatendendo as peticións non só do Bng senón do conxunto da sociedade mariñá, e dos actores sociais e económicos que vén como a comarca é sometida a continuos desprezos  “o que a obriga a competir en inferioridade de condicións cando é a que máis aporta en términos de PIB no conxunto da provincia, pois nela radican empresas que tiran da economía non só da provincia senón de todo o país” , afirmou Antonio Veiga.

O deputado Daniel Castro afirmou que é preciso rematar canto antes con estas políticas que discriminan á comarca que só consisten en poñer parches sen solucionar os grandes problemas que condicionan gravemente o futuro de A Mariña, e nese sentido afirmou tamén que “estes son os últimos orzamentos de discriminación e desprezo á Mariña”

Incumprimentos reiterados

Desde o BNG recordaron os incumprimentos en materia sanitaria, cunha atención primaria sen recursos, con redución de servizos no hospital, así como a nula consignación para o novo centro de saúde de Ribadeo ou para a prometida remodelación do Hospital Asilo tamén  en Ribadeo. Do mesmo xeito son tamén reiterados os incumprimentos  coas grandes infraestruturas viarias pendentes, como é a VAC San Cibrao-Ferrol, donde o PP pretende enganar á cidadanía un ano máis, despois de teren anunciado en sede parlamentaria xa  no ano 2009 que a VAC estaría rematada antes de 2017.

Así mesmo, as necesarias infraestruturas de saneamento como as depuradoras en zonas costeiras e punteiras turísticamente coma o caso de Barreiros, siguen recibindo o non da Xunta, “e en materia de industria e emprego, o PP sigue deixando que esta comarca se convirta pouco a pouco nun deserto industrial, desatendendo todas as propostas que desde o Bng lles fixemos para elaborar plans de emprego e industrialización” afirmou a vice responsable comarcal Pilar Vázquez.

Os nacionalistas anunciaron tamén que desde cada localidade o Bng está preparando tamén as correspondentes emendas ao texto orzamentario coas necesidades da comarca e que o deputado Daniel Castro presentará no Parlamento.