Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

A mostra pictórica do ourolés Xosé López Losada poderá verse en Cervo

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

A casa da cultura acolle durante este mes de outubro a mostra pictórica do ourolés Xosé López Losada.

Poderase visitar de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35.

O pintor trasladouse a Salamanca no ano 1987 para estudar Belas Artes, onde acadou Matrícula de Honra no primeiro curso de Universidade. A finais do segundo ano, unha enfermidade impediulle seguir pintando ata que no 2005 retomou a actividade; facendo desde entón varias exposicións con moito éxito.