Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

O GDR Terras de Miranda organiza en Alfoz un curso de recolección e cultivo de setas

Por 14 Outubro, 2023Sin comentarios

A Reserva da Biosfera Terras do Miño en colaboración co GDR Terras de Miranda e co Concello de Alfoz, realizará un curso de recolección e cultivo de setas.

Esta cita será na Escola Chao de Pereiro de Alfoz do 6 ao 10 de novembro en horario de 16.00 a 21.00 horas. Para participar será necesario anotarse chamando ao 982 507 111 ou mandando un correo a terrasmiranda@gmail.com. Hai 12 prazas dispoñibles.

Estes cursos ofrecense de forma gratuíta, co fin de ofrecer unha oferta lúdica e formativa e promover os valores naturais e medioambientais da Reserva da Biosfera.