Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Ourol organiza un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade

Por 15 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol organiza en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade. Será o luns 30 de outubro de 16.30 a 18.30 horas no edificio multiusos.

O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia como medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico.

Para anotarse será necesario acudir ao departamento de servizos sociais do Concello de Ourol pu chamar aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457.
Tamén pódese anotar a través da web https://escolasaude.sergas.es.