Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Burela acolle un congreso sobre palangre de superficie o 26 e o 27 de outubro

Por 21 Outubro, 2023Outubro 26th, 2023Sin comentarios

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza os días 26 e 27 de outubro o Congreso Os Grandes Migradores: xestión sostible e nutrición, no que se analizarán as principais cuestións que afectan ao palangre de superficie, como a introdución da tintorera en CITES a partir do 25 novembro e outros asuntos de máximo interese.

Durante a tarde do xoves e a mañá do venres, no salón de actos de Armadores de Burela trataranse diferentes temas que afectan á frota de palangre de superficie, como a xestión pesqueira sostible; a dixitalización e comunicacións máis eficientes; as boas prácticas pesqueiras; ou a seguridade alimentaria, nutrición e saúde.

No evento participarán representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, do Instituto Español de Oceanografía e do Consello Superior de Investigacións Científicas. Tamén formarán parte da proposta outras entidades públicas e privadas, como Europeche, Fip Blues, BridLife, ETF, AECOC, ou as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

A asistencia ao congreso é gratuíta e tamén pode seguirase a través da rede, pero será necesario inscribirse a través do correo electrónico xornadas@oppburela.com ou directamente cubrindo a ficha na web.

A acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.