Skip to main content
Axenda CaducadaChantada

Chantada conmemora o Día das Bibliotecas cunha sesión de maxia con Deimi Varela

Por 22 Outubro, 2023Outubro 26th, 2023Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conmemora o Día das Bibliotecas organizando unha sesión de maxia relacionada cos libros a cargo do mago Deimi Varela.

A actividade será o 24 de outubro na sala infantil da biblioteca ás 17.00 horas e está dirixida a maiores de catro anos e público familiar. Non é necesario inscrición previa.

Ao rematar a sesión levarase a cabo un obradoiro de maxia destinada a maiores de 6 anos para a que é preciso inscribirse previamente na biblioteca ou chamando ao teléfono 982 441 752.