Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

Pantón celebra o Samaín cunha busca terrorífica e unha merenda familiar

Por 22 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

Os nenos e nenas de Pantón poderán gozar do Samaín o vindeiro 31 de outubro. A aposta do Concello, dirixida á cativada, consiste nunha busca terrorífica da caveira sorpresa.

A actividade, que pretende facer gozar aos máis pequenos da casa, comezará ás 20.00 horas na Praza do Concello.

Ademais deste xogo para celebrar a noite máis terrorífica do ano, os nenos e nenas acompañados polas súas familias poderán gozar dunha merenda.