Skip to main content
Axenda CaducadaSober

A asociación Colado do Vento organiza unha camiñada pola parroquia de Rosende

Por 24 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O vindeiro domingo 29 de outubro a asociación Colado do Vento organiza unha camiñada pola parroquia de Rosende. A saída será ás 9.30 horas desde o campo da festa de Rosende, pasando por Rosende, Naz, Portizó, Areas e volta a Rosende, en Sober.

Trátase dunha ruta de dificultade media baixa de 13 quilómetros, polo que se recomenda levar roupa e calzado cómodo. A chegada será sobre as 13.30 horas.

Os asistentes tamén poderán quedar a xantar no local da piscina en Rosede. O menú inclúe por un prezo de 23 euros e 20 para os socios sopa de cocido, cocido, postre de tarta de mazá, auga, viño da casa, gaseosa e café. É preciso anotarse para o xantar antes do día 26 a través do teléfono 687 186 620.