Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Quiroga organiza unha xornada gratuíta do seu Punto Limpo o venres 27

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro venres 27 volverán a abrirse as instalacións do Punto Limpo de Quiroga para todos aqueles usuarios que queiran levar refugallos dos que se queiran desfacer. O horario será de 9.00 ás 13.00 horas

Nestas instalacións débense depositar residuos voluminosos como mobles, colchóns, electrodomésticos ou plásticos de envoltura. Todos aqueles residuos que non teñen contedores específicos para a súa recollida instalados na rúa.

Ademais desta xornada gratuíta e de portas abertas, mantense o servizo de recollida a domicilio para levar os residuos ao Punto Limpo chamando ao teléfono 636 693 500. O servizo ten un custo que rolda os 3 euros por electrodoméstico, ao que se engaden 22 céntimos por cada quilómetro que sexa preciso recorrer ata o lugar indicado.

Tamén se mantén a apertura do punto limpo previa cita fóra da xornada de portas abertas, pero neste caso tamén é preciso abonar a taxa correspondente por residuo que se vaia depositar.

A decisión de abrir gratuitamente o último venres do mes veu motivada pola demanda da veciñanza para poder depositar o lixo que se xera nos fogares e que non se poden votar noutros contedores. Outro dos motivos que levou a abrir estas instalacións municipais é o de evitar que aparezan vertedoiros incontrolados en puntos do municipio.