Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A Pobra do Brollón proxectará ‘Unicorn Wars’, película premiada nos Mestre Mateo

Por 27 Outubro, 2023Outubro 28th, 2023Sin comentarios

Este domingo 29 o Concello da Pobra do Brollón acolle unha nova proposta cinematográfica dentro do ciclo Mestre Mateo de cinema galego. Na Casa da Cultura Olga Novo proxectarase a partir das 19.00 horas proxectarase ‘Unicorn Wars’.

A produción de Alberto Vázquez recibiu o recoñemento á Mellor Longametraxe de Animación nos últimos Mestre Mateo. O filme achega a historia da ancestral guerra entre o exército osiño e os unicornios nunha fantástica fábula antibélica.

O ciclo é un programa de cinema dirixido a concellos, vilas e comunidades aos que habitualmente non chegan as producións que participan nos premios Mestre Mateo. Deste xeito, facilítase a públicos diversos unha programación cultural de calidade con produción galega e promóvese a nosa cultura e o noso idioma a través do máis destacado do audiovisual galego actual.