Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Os veciños de Vilaescura, en Sober, organizan o seu magosto o venres 3

Por 29 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 3 de novembro os veciños de Sober teñen unha cita na aldea de Vilaescura, onde organizan o seu magosto. A cita comezará ás 21.00 horas.

A gastronomía non pode faltar neste evento, de tal xeito que os asistentes poderán gozar das tradicionais castañas asadas e de empanada gratis. Ademais, haberá música en directo con The Karaoke Experience e o DJ Fuentes.

Ao longo da xornada tamén se sorteará unha cesta entre todos os participantes que se animen a mercar unha rifa. Cada tícket ten un prezo de 1 euro.