Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A Pobra do Brollón contará con obradoiros de teatro ambulante polas parroquias

Por 26 Outubro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

Os sábados de novembro organizaranse unha serie de obradoiros de teatro polas parroquias da Pobra do Brollón para os adultos que queiran iniciarse no mundo da interpretación a través do xogo e da interpretación.

Estas actividades, que serán impartidas por Merche Pérez, que di que non fai falta ter experiencia, “é unha toma de contacto co teatro e pasar un día diferente”.

Os horarios serán de 10.00 a 13.00 horas e os interesados poden poñerse en contacto coas asociacións de Cereixa a través do teléfono 617 523 471, A Feirreirúa no 690 613 377, coa asociación Parada dos Montes a través do 686 094 061 e coa agrupación Salcedo no 626 449 829.

Os organizadores informan de que para practicar o teatro non se poderá acceder con calzado da rúa, polo que recomendan traer zapatillas deportivas ou calcetíns anticorregadizos e roupa cómoda.