Skip to main content
Axenda CaducadaTaboada

Taboada acolle a obra de teatro ‘A Autopista’ da man do grupo Artalleiras Teatro

Por 28 Outubro, 2023Sin comentarios

Os amantes da arte escénica teñen unha cita en Taboada. O Concello acollerá a función ‘A Autopista’ da man da agrupación Argalleiras Teatro.

A función será o sábado 28 de 18.00 a 20.00 horas na Casa da Cultura. A iniciativa forma parte do Circuíto de teatro afeccionado 2023 e está organizada pola asociación de Mulleres Landra de Taboada.

O Concello de Taboada colabora coa proposta de teatro, que tamén está apoiado pola Deputación de Lugo e que se puxo en marcha dende hai 15 anos.