Skip to main content
Axenda CaducadaSober

A comedia musical ‘Pinconús’ protagonizará a tarde de hoxe en Sober

Por 28 Outubro, 2023Sin comentarios

Esta tarde os veciños e veciñas de Sober poderán gozar da comedia ‘Pinconús’ no centro sociocultural a partir da 19.00 horas. Trátase dunha comedia musical para público familiar, dirixida por José Campanari, que tamén se encarga da parte textual. A música vén da man de Piti Sanz.

A entrada é de balde para todos os que se queiran achegar. Baixo o título de ‘Pinconús’, o grupo teatral interpretará unha escena na que na estación de tren de Aquimesmo, un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo atópase cunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren.

Mediante o humor e a música, xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros co fin de chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado Pinconús.