Skip to main content
Axenda CaducadaChantada

O grupo Quinkillada substitúe a Tremenda Jauría no Castañazo

Por 27 Outubro, 2023Sin comentarios

Este venres 27 comeza en Chantada o Castañazo, da man da Asociación Cultural O Castañazo, que retoma o festival despois de catro anos. Porén, nas últimas horas houbo un cambio na programación tras a cancelación de Tremenda Jauría.

O concerto da banda estaba previsto ás 22.55 horas, porén dende o grupo comunicaron que non van chegar a tempo para desenvolver o seu directo, polo que cancelan a actuación. Así o trasladan dende o festival, que resaltan que se trata dunha decisión allea á organización da cita.

“Pola nosa parte cumprimos en todo momento todas e cada unha das cláusulas do contrato firmado coa banda”, expón a organización a través dun comunicado emitido este venres. “Sentimos moito ter que dar esta nova ao noso público, que sabemos que estaba desexoso de velas actuar”, continúan.

Finalmente, o grupo galego Quinkillada son os últimos en incorporararse ao cartel, xa que que tocarán no lugar de Tremenda Jauría.