Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Monforte acolle o Foro Territorios Patrimonio 2023 do 13 ao 14 de novembro

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

O Parador de Monforte de Lemos acolle a VII edición do Foro Territorios Patrimonio, no que se van a expoñer algunhas das cuestións que máis van marcar o devir da zona desde un punto de vista turístico, ambiental, vinícola, patrimonial, de experiencias, de sustentabilidade e de futuro. A xornada desenvolverase o 13 e o 14 de novembro.

Deste xeito, a través desta iniciativa pretenden trazar cuestións que axuden aos actores e sectores da zona para expoñer as súas estratexias de traballo nun medio-longo prazo, contribuír a xerar lazos de colaboración con outros territorios da humanidade, atraer outros puntos de vista e maneiras de traballar e establecer sinerxias de presente e futuro, como xa se fai desde a orixe deste foro. Sen esquecer tamén, a situación climática e a conservación do territorio, poñendo en valor iniciativas en prol dun turismo sostible co entorno.

Trátase dun foro internacional que cada ano reúne na Ribeira Sacra a algunhas das voces máis lúcidas do momento en cuestións como patrimonio, turismo sostible e futuro vitivinícola. Un programa de conferencias e actividades dirixidas a profesionais da cultura, estudantes e público xeral con interese en profundar nos retos e oportunidades da Ribeira Sacra nunha contorna internacional.

Priorizarase que participen presencialmente o maior número de profesionais posible. En canto aos asistentes, dispoñerase dun número de prazas presenciais limitadas.