Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

A Casa da Cultura de Monforte acolle o Concerto de Outono o 4 de novembro

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

A Casa da Cultura de Monforte acolle o Concerto de Outono. A cita, organizada polo Centro Cultural Renfe, terá lugar o vindeiro sábado 4 de novembro a partir das 19.30 horas.

No programa desta iniciativa musical participan a Coral San Esteban de Redondela e a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Ola, en Vigo. A Coral Renfe tamén actuará na Casa da Cultura nesta xornada.

Un ano máis colaboran na proposta o Concello de Monforte de Lemos, a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e FECOGA.