Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

Os autónomos da Pobra do Brollón reciben asesoramento para dixitalizar a súa empresa

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón acolle a chegada dunha oficina móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, o vindeiro xoves 9 de novembro. O servizo estará en funcionamento a partir das 10.30 horas diante do cuartel da garda civil.

Grazas a esta iniciativa, os autónomos ou propietarios dunha Peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio contarán co asesoramento dos dinamizadores dixitais.

Así, os interesados poderán programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada. Entre os servizos do programa atópanse o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización e o soporte e asesoramento á empresa.

Ademais, dentro do programa tamén se ofrecen servizos de consultaría en márketing dixital, acompañamento na solicitude do Kit Dixital e apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.