Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Iván Sangiao fíxose co bronce na media maratón de Pontevedra

Por 18 Outubro, 2023Sin comentarios

O deportistas do CD Biosbardo Iván Sangiao fíxose co bronce M35 na media maratón de Pontevedra esta fin de semana.

Iván Sangiao fíxose co metal rematando en 1 hora e 17 minutos a media maratón, que enfocou como test previo ó campionato galego que se disputará en novembro. O obxectivo era unha toma de contacto e xestionar referencias nunha especialidade lonxe das súas características, o bronce nesta proba é un impulso anímico.

A súa compañeira Enara Fernández continúa progresivamente entrando en competición despois de case un ano de ausencia competitiva. A deportista biosbarda xa está achegándose a ritmos ós que nos tiña habituados o cal é un empurrón para consolidar o equipo feminino. Participou esta fin de semana na proba de 10 quilómetros.

A seguinte cita importante para o CD Biosbardo será esta mesma semana, partindo dende Sarria e rematando en Santiago de Compostela: trátase do desafío Internacional Ecocamiño, de 110 km, pertencente ó calendario oficial e homologada pola Real Federación Española de Atletismo.