Este domingo 22 de outubro, coincidindo coa feira no concello de Castroverde, terá lugar ás 13:30 horas, no Mercado Gandeiro, unha charla formativa con posterior entrega dos composteiros de uso doméstico para aquelas persoas apuntadas no programa de compostaxe.
As persoas que desexen unirse a esta iniciativa poden solicitalo cubrindo este formulario. As prazas son limitadas.