Skip to main content
O Corgo

O Pleno do Corgo aproba por unaminidade a homenaxe a tres persoeiros da localidade

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

O Pleno do Corgo acordou por unanimidade, e a proposta do BNG, render unha homenaxe a Rafael Pardo Vallés, falecido vítima do nazismo o 7 de xaneiro de 1942 aos 30 anos de idade no Campo de Concentración de Gusen. Rafael foi do Corgo, da Estación de Laxosa. A tal efecto colocarase nese lugar unha placa na súa memoria.

Así mesmo, acordouse a elaboración de senllos graffitis coa imaxe de Jesús Abuín, fillo predilecto da vila e cronista oficial, e Benedicta Sánchez, actriz “por ser exemplo de humildade, emprendedores, con valor e por ser referentes culturais, do rural e porque levan moi dentro o sentimento de ser galego e sobre todo ser do Corgo”.

Aceptada a proposta, o Concello estudará onde se colocarán estes murais.

Noutra orde de cousas, o BNG solicitou tamén os arranxos e limpeza de pistas na zona da vía do tren en Laxosa, de Quintela (San Bartolomeu de Chamoso) e do camiño que vai da Ermida das Virtudes a medio camiño entre San Fiz e Campelo.

“Consultamos tamén si é posible a limpeza dos contendores por estar moitos deles cheos de avespas”. Tamén reclaman a limpeza da zona dos arredores do PAI, o Palco e Casa das Asociacións. Fixéronse eco da situación na que se atopa a Fonte de Donalbán “xa que o arranxo está paralizado” e demandaron de máis puntos de luz na zoa de Airamonte.