Skip to main content
O Corgo

O próximo sábado o Corgo organiza a súa Carreira Popular

Por 8 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de O Corgo organiza a XIV Carreira Popular de O Corgo-Memorial Quique Casanova, que se celeberará o vindeiro sábado 14 de outubro. 

A saída e meta terán lugar nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso, cun circuíto de 10,5 quilómetros sobre terra na súa maioría e que estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización.

A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade e a carreira contará con diferentes categorías.

Todas as categorías máster e sénior realizarán a saída ás 17.35 e completarán un percorrido de 10,5 quilómetros. Para os nados entre 2011 e 2006 a saída será ás 17.20 e terá un percorrido de 1800 metros e para os nados nos anos 2010 ou 2011 o percorrido será de 1000 metros e a saída terá lugar ás 17.10.

Os mais pequenos tamén poderán participar, aqueles nacidos entre o 2016 e o 2014 realizarán un percorrido de 500 metros con saída ás 17.05 e os nacidos no 2017 ou posteriores competirán nunha distancia de 150 metros con saída ás 17.00.

As inscricións están abertas ata o próximo 10 de outubro a través da páxina da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com e serán gratuítas para os menores e terán un custo de 10 euros para os adultos.

A entrega de premios será ás 17.40 para as carreiras de menores que serán agasallados con medallas. Para os adultos haberá entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados con premios en metálico para as categorías masculina e feminina e terá lugar ás 19.00. Tamén haberá premio para os primeiros clasificados que sexan do Concello do Corgo.