Skip to main content
O Corgo

Abre este venres no Corgo a mostra ‘Sentinelas do desleixo’

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

A exposición titulada Sentinelas do desleixo será inaugurada oficialmente este venres 27 de outubro, ás 19:30, no Punto de Atención á Lectura do Corgo – Palco.

Trátase dunha mostra fotográfica temporal que recolle un total de catorce imaxes en branco e negro correspondentes a outros tantos pombais tradicionais corgueses.

Esta iniciativa xorde no ámbito do Proxecto Corgoral, co obxectivo de amosar a relevancia e a beleza estética destas construcións. Asemade, preténdese sensibilizar aos axentes públicos e privados sobre a necesidade de preservar axeitadamente o patrimonio cultural para podelo transmitir nas mellores condicións posibles ás vindeiras xeracións.