Skip to main content
A FonsagradaAxenda Caducada

As mulleres da Fonsagrada poden apuntarse nun curso de autodefensa

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situación violentas. A actividade terá lugar o vindeiro 11 de novembro no Instituto Vello, na rúa Os Chaos.

O horario será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. Estará impartido por especialistas da Federación Galega de Loita.

Os interesados poden facer a súa inscrición a través do número 982 340 000, no correo tsocial@fonsagrada.org ou no Concello.