Skip to main content
Lugo

Benade, parroquia de Lugo, celebrará as súas festas patronais

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

Do venres 20 ao domingo 22 de outubro a parroquia lucense de Santo Estevo de Benade celebrará as súas festas patronais.

A xornada festiva dará comezo o venres cunha churrascada veciñal seguida dunha verbena a cargo do dúo Epo-K.

O sábado 21, haberá misa solmene ás 13.30 horas, seguido dunha sesión vermú a cargo da orquestra acordes que, ademais, será a encargada de amenizar a verbena da noite xunto á orquestra Finisterre.

O domingo, a xornada relixiosa será á mesma hora, e a continuación haberá unha sesión vermú de fin de festa amenizada polo grupo D’Nika.