Skip to main content
Lugo

O PP acusa ao Concello de irregularidades nas contratacións do San Froilán

Por 1 Outubro, 2023Sin comentarios

Tras coñecer que a unha empresa das habituais que contrata a área de cultura do BNG lle encargaron a montaxe do escenario da Horta do Seminario o PP anuncia que “pedirá acceso aos expedientes de contratación do San Froilán”.

“O acceso a todos os expedientes dos eventos das patronais de Lugo permitiranos fiscalizar de forma rigurosa como se fixeron os trámites e se se axustan á lei e así depurar responsabilidades, no caso de que as houbera, xa que resulta sospeitoso que unha empresa das habituais que contrata o departamento de cultura volva a ser adxudicataria deixando fóra a outros licitadores lucenses”.

Os populares lembran que un dos motivos polos que o Grupo Municipal abandonou a Comisión de Festas foi, precisamente, “pola falta de transparencia nas contratacións”.

Afirman que esta non é a única irregulariedade que detectaron os populares nas contratacións das patronais e, de feito, xa denunciaron como “a maquetación, edición e impresión de programas das festa cuxo contrato prorrogaron fóra de prazo e se pagou con reparo de legalidade”.

Para os populares o feito de que as licitacións queden desertas resulta preocupante e responde únicamente “á improvisación coa que o bipartito organiza as patronais de Lugo” xa que “o lóxico sería que cuestións tan previsibles como a montaxe de escenarios para concertos estiveran contratados con antelación”.