Skip to main content
Lugo

Este venres o Festival Mundial de Ilusionismo celebra en Lugo a súa gala

Por 5 Outubro, 2023Sin comentarios

O auditorio Gustavo Freire acolle este venres, 6 de outubro, a Gran Gala Internacional de Maxia, con ilusionistas chegados desde diferentes países que presentarán números premiados a nivel internacional.

A gala, que se celebrará a partir das 21.00 horas, contará con Miguel Muñoz e Amadeo Edama (España), Paul Ponce (Arxentina), Dania Díaz (Venezuela) e o Dúo Kybalion (Arxentina e Rusia). As entradas están xa esgotadas.

O festival está a percorrer as catro provincias galegas durante os meses de setembro e outubro coa participación dalgunhas das figuras máis recoñecidas do ilusionismo a nivel mundial.

Esta edición inclúe como novidade actuacións itinerantes a bordo dunha caravana convertida nun sorprendente teatro máxico. En Lugo xa se celebrou unha primeira actuación o día 8 de setembro, na praza Maior, coa presenza do mago lucense Rafa e a maga arxentina Lore Lavand.

A iniciativa ten unha parte solidaria con espectáculos previstos nas plantas de Pediatría de diferentes hospitais galegos, entre eles o Hula, ao que se desprazarán os artistas para achegar a ilusión aos pequenos ingresados.

Esta é a segunda edición deste festival na que participaron máis de 50.000 espectadores en toda a programación despregada na Comunidade.